Friday, March 11, 2011

Visita á Praza de Abastos de Santiago

O día 2 de Marzo fomos de visita a Praza de Abastos de Santiago de Compostela.O guía deunos unha moneda para mercar o final da visita unha froita. Levounos a coñecer os distintos alimentos que hai na carnicería, na pescadería, na charcutería( onde degustamos xamón, queixo,e chourizo), na floristería,...Mostrounos como é a praza por dentro, coñecímos a xente que traballa alí e por último como se empaqueta o vacío e se garda e distribúen as compras que fai a xente. Pasámolo moi ben.Mirade!

Tuesday, February 15, 2011

Exposición dos xenerais do Ulla

Exposición no noso colexio do entroido dos xenais do Ulla

Os concellos que participan neste Entroido son o de Teo,Vedra,Boqueixón,Touro,A Estrada,Silleda e Vila de Cruces. Non se sabe con certeza cal é a orixe desta tradición, uns opinan que parodian a loita cos franceses na Guerra da Independencia e outros as guerras carlistas.
Personaxes:Correos(anuncian a chegada),xenerais,abandeirado,coro de mozos/as(acompañan ao grupo un director e unha directora e cantan cancións compostas para a ocasión)e o coro de vellos(cantan cancións con letras máis picantes.
A festa: os correos van polas casas ofrecendo que os xenerais canten vivas a cambio dunha doazón. Como remate da festa celébrase o acto chamado "atranque, salto ou alto".Os xenerais divídense en dous bandos e enfróntanse nunha disputa verbal de versos, aludindo a feitos ocurridos durante o ano ata que o final acordan a paz.

Tuesday, February 8, 2011

AS PEDRAS

OS VOSOS TRABALLOS QUEDARON PRECIOSOS

AS NOSAS PINTURAS RUPESTRES

ASI FOI COMO NOS QUEDARON AS PINTURAS RUPESTRES

A NOSA COVA

¡MIRADE CÓMO PINTABAN OS HOMES E MULLERES PREHISTÓRICOS! UTILIZABAN CARBÓN DE LEÑA PARA FACELA SILUETA E GRASA DE RENO MISTURADA CON TERRA OCRE PARA COLOREAR.